PRÁCTICAS DE FOTOGRAFÍA...

 

... a conta do Samaín.

Esta mañá tivemos clase de TIC en 4º de Primaria. As cabazas comezaban a chegar á aula. Así que, co grupo que quedamos nela, aproveitamos para facer prácticas de fotografía.

Cada rapaz tivo que tomar cinco fotos: 

  • Un plano xeral
  • Un plano medio
  • Un primeiro plano
  • Un picado
  • Un contrapicado
Tamén aproveitamos para fotografar as cabazas dos nosos veciños de 3º curso de Primaria

Se premedes na seguinte imaxe accederedes ó álbum das fotos que tomamos. 



Comentarios